16.4.08




TERCEIRA PREGUNTIÑA

Para poder acceder a ela, Xúpiter tomou o aspecto de Diana. Este episodio foi tema para un cadro dun pintor flamenco. Cal é o título do cadro? Cal é o seu autor?


SEGUNDO PREGUNTÓN
  1. Un rei de Micenas, descendente de Tántalo, para poder continuar a expedición a Troia tivo que sacrificar a súa filla, pero ¿que deusa non llo permitiu?
  2. En latín: lugar onde se situaba para as representacións o coro nun teatro grego.
  3. Nado en Samos e estabelecido en Atenas crea unha doctrina filosófica baseada na procura da felicidade humana.
  4. Unha das tres tribos nas que estivo o pobo romano dividido na súa orixe.
  5. Un tipo de insignia real no s. VI a. C. en Roma.
  6. Metaloide sólido de composición semellante ó xofre, que toma o seu nome dunha divinidade grega.
  7. Poeta milesio da época clásica que escandalizou ó seu auditorio coas innovacións musicais dos seus ditirambos.
  8. En Latín: dereito que posuía un maxistrado romano de oporse a unha proposta de lei.
  9. Lugar onde vivíu durante o Imperio Romano a matemática que creou o astrolabio e o hidroscopio.
  10. Nome co que se coñece na literatura latina a un grupo de poetas, que son dunha mesma xeración e viviron entre o ano 82 a. C. e o 31 a. C.Pretendían compoñer como os gregos e concretamente como os alexandrinos.
  11. Personaxe que se repite nas obras de Plauto.
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN DUN ESCRTOR GREGO QUE LEVOU ÁS MULLERES AO PODER NUNHA DAS SÚAS OBRAS.



SOLUCIÓN Á
SEGUNDA PREGUNTIÑA

Sucede a Teofrasto na dirección do Liceo. A el débese que no Liceo se abandonen os estudos metafísicos en favor dos estudos das ciencias.
Da súa obra, Dióxenes Laercio menciona máis de 44 títulos entre os que figuran un tratado "Sobre os minerais" e outro "Sobre as cores" Quen é?
ESTRATÓN DE LÁMPSACO

PRIMEIRO PREGUNTÓN
  1. Un dos atributos que lle deron os Cíclopes a Zeus. Raio
  2. Escritor grego. Atribúeselle a construcción dos últimos poliedros regulares, o octaedro e o icosaedro. Teeteto
  3. Xeneral romano. Comparteu o poder con César e acabou enfrentándose e sendo derrotado por el. Pompeio
  4. Illa ao sur do Peloponeso á que Venus foi parar despois de nacer da escuma do mar. Citera
  5. Con que palabra latina está relacionada urbanidade, urbe, etc. Urbs
  6. Rei de Esparta pertencente á familia dos Axidas. Sucedeu no trono a Cleomenes. Leonidas
  7. Nome da triloxía de Esquilo coa que obtivo a súa última victoria. Orestiada
  8. Viviu desde o ano 480 ata o 411 a.C. Coñecido poolas súas cualidades oratorias, déuselle o sobrenome de Néstor. Foi un logógrafo moi solicitado. Antifonte
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN ESCRITOR GREGO NACIDO O ANO 50 a. C. AS SÚAS OBRAS AGRÚPANSE EN DÚAS GRANDES COLECCIÓNS QUE EXERCERON UNHA INFLUENCIA IMPORTANTE NA CULTURA EUROPEA DA ÉPOCA MODERNA.
P L U T A R C O




No hay comentarios: