14.4.08



PRIMEIRA PREGUNTIÑA


Que rei mandou construír unha ponte de naves para cruzar de Asia a Europa e atacar a Grecia a través do Helesponto.


PRIMEIRO PREGUNTÓN

  1. Un dos atributos que lle deron os Cíclopes a Zeus.
  2. Escritor grego. Atribúeselle a construcción dos últimos poliedros regulares, o octaedro e o icosaedro.
  3. Xeneral romano. Comparteu o poder con César e acabou enfrentándose e sendo derrotado por el.
  4. Illa ao sur do Peloponeso á que Venus foi parar despois de nacer da escuma do mar.
  5. Con que palabra latina está relacionada urbanidade, urbe, etc.
  6. Rei de Esparta pertencente á familia dos Axidas. Sucedeu no trono a Cleomenes.
  7. Nome da triloxía de Esquilo coa que obtivo a súa última victoria.
  8. Viviu desde o ano 480 ata o 411 a.C. Coñecido poolas súas cualidades oratorias, déuselle o sobrenome de Néstor. Foi un logógrafo moi solicitado.
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN ESCRITOR GREGO NACIDO O ANO 50 a. C. AS SÚAS OBRAS AGRÚPANSE EN DÚAS GRANDES COLECCIÓNS QUE EXERCERON UNHA INFLUENCIA IMPORTANTE NA CULTURA EUROPEA DA ÉPOCA MODERNA.

No hay comentarios: