21.4.08

O desempate entre os equipos 18 e 19, celebrarase na BIBLIOTECA durante o segundo recreo do mércores 23 de abril.




SOLUCIÓN Á QUINTA PREGUNTIÑA

Como se chamaba nunha cidade romana o espazo entre a cidade e a muralla considerado sagrado e onde non se podía edificar. POMERIUM

19.4.08





QUINTA PREGUNTIÑA

Como se chamaba nunha cidade romana o espazo entre a cidade e a muralla considerado sagrado e onde non se podía edificar.


SOLUCIÓN Á CUARTA PREGUNTIÑA
Nome de tres irmás convertidas en morcegos por Dioniso, incomodado con elas debido a que non querían celebrar unha festa a el dedicada.
AS MINÍADAS . (Alcítor ou Alcítoe, Leucipe e Arístipe ou Arsipe ou Arsínoe)

SEGUNDO PREGUNTÓN
  1. Un rei de Micenas, descendente de Tántalo, para poder continuar a expedición a Troia tivo que sacrificar a súa filla, pero ¿que deusa non llo permitiu? Artemisa
  2. En latín: lugar onde se situaba para as representacións o coro nun teatro grego. Orchestra
  3. Nado en Samos e estabelecido en Atenas crea unha doctrina filosófica baseada na procura da felicidade humana. Epicuro
  4. Unha das tres tribos nas que estivo o pobo romano dividido na súa orixe. Ramnes
  5. Un tipo de insignia real no s. VI a. C. en Roma. Fasces
  6. Metaloide sólido de composición semellante ó xofre que toma o seu nome dunha divinidade grega. Selenio
  7. Poeta milesio da época clásica que escandalizou ó seu auditorio coas innovacións musicais dos seus ditirambos. Timoteo
  8. En Latín: dereito que posuía un maxistrado romano de oporse a unha proposta de lei. Intercessio
  9. Lugar onde vivíu durante o Imperio Romano a matemática que creou o astrolabio e o hidroscopio. Alexandría
  10. Nome co que se coñece na literatura latina a un grupo de poetas, que son dunha mesma xeración e viviron entre o ano 82 a. C. e o 31 a. C.Pretendían compoñer como os gregos e concretamente como os alexandrinos. Neotéricos
  11. Personaxe que se repite nas obras de Plauto. Sosias
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN DUN ESCRTOR GREGO QUE LEVOU ÁS MULLERES AO PODER NUNHA DAS SÚAS OBRAS.
A R I S T Ó F A N E S

17.4.08




CUARTA PREGUNTIÑA

Nome de tres irmás convertidas en morcegos por Dioniso, incomodado con elas debido a que non querían celebrar unha festa a el dedicada.

SOLUCIÓN TERCERA PREGUNTIÑA
Para poder acceder a ela, Xúpiter tomou o aspecto de Diana. Este episodio foi tema para un cadro dun pintor flamenco. Cal é o título do cadro? Cal é o seu autor?
XÚPITER E CALISTO - RUBENS

16.4.08




TERCEIRA PREGUNTIÑA

Para poder acceder a ela, Xúpiter tomou o aspecto de Diana. Este episodio foi tema para un cadro dun pintor flamenco. Cal é o título do cadro? Cal é o seu autor?


SEGUNDO PREGUNTÓN
  1. Un rei de Micenas, descendente de Tántalo, para poder continuar a expedición a Troia tivo que sacrificar a súa filla, pero ¿que deusa non llo permitiu?
  2. En latín: lugar onde se situaba para as representacións o coro nun teatro grego.
  3. Nado en Samos e estabelecido en Atenas crea unha doctrina filosófica baseada na procura da felicidade humana.
  4. Unha das tres tribos nas que estivo o pobo romano dividido na súa orixe.
  5. Un tipo de insignia real no s. VI a. C. en Roma.
  6. Metaloide sólido de composición semellante ó xofre, que toma o seu nome dunha divinidade grega.
  7. Poeta milesio da época clásica que escandalizou ó seu auditorio coas innovacións musicais dos seus ditirambos.
  8. En Latín: dereito que posuía un maxistrado romano de oporse a unha proposta de lei.
  9. Lugar onde vivíu durante o Imperio Romano a matemática que creou o astrolabio e o hidroscopio.
  10. Nome co que se coñece na literatura latina a un grupo de poetas, que son dunha mesma xeración e viviron entre o ano 82 a. C. e o 31 a. C.Pretendían compoñer como os gregos e concretamente como os alexandrinos.
  11. Personaxe que se repite nas obras de Plauto.
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN DUN ESCRTOR GREGO QUE LEVOU ÁS MULLERES AO PODER NUNHA DAS SÚAS OBRAS.



SOLUCIÓN Á
SEGUNDA PREGUNTIÑA

Sucede a Teofrasto na dirección do Liceo. A el débese que no Liceo se abandonen os estudos metafísicos en favor dos estudos das ciencias.
Da súa obra, Dióxenes Laercio menciona máis de 44 títulos entre os que figuran un tratado "Sobre os minerais" e outro "Sobre as cores" Quen é?
ESTRATÓN DE LÁMPSACO

PRIMEIRO PREGUNTÓN
  1. Un dos atributos que lle deron os Cíclopes a Zeus. Raio
  2. Escritor grego. Atribúeselle a construcción dos últimos poliedros regulares, o octaedro e o icosaedro. Teeteto
  3. Xeneral romano. Comparteu o poder con César e acabou enfrentándose e sendo derrotado por el. Pompeio
  4. Illa ao sur do Peloponeso á que Venus foi parar despois de nacer da escuma do mar. Citera
  5. Con que palabra latina está relacionada urbanidade, urbe, etc. Urbs
  6. Rei de Esparta pertencente á familia dos Axidas. Sucedeu no trono a Cleomenes. Leonidas
  7. Nome da triloxía de Esquilo coa que obtivo a súa última victoria. Orestiada
  8. Viviu desde o ano 480 ata o 411 a.C. Coñecido poolas súas cualidades oratorias, déuselle o sobrenome de Néstor. Foi un logógrafo moi solicitado. Antifonte
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN ESCRITOR GREGO NACIDO O ANO 50 a. C. AS SÚAS OBRAS AGRÚPANSE EN DÚAS GRANDES COLECCIÓNS QUE EXERCERON UNHA INFLUENCIA IMPORTANTE NA CULTURA EUROPEA DA ÉPOCA MODERNA.
P L U T A R C O




15.4.08




SEGUNDA PREGUNTIÑA


Sucede a Teofrasto na dirección do Liceo. A el débese que no Liceo se abandonen os estudos metafísicos en favor dos estudos das ciencias.
Da súa obra, Dióxenes Laercio menciona máis de 44 títulos entre os que figuran un tratado "Sobre os minerais" e outro "Sobre as cores" Quen é?



SOLUCIÓN Á PRIMEIRA PREGUNTIÑA

Que rei mandou construír unha ponte de naves para cruzar de Asia a Europa e atacar Grecia a través do Helesponto.
XERXES








14.4.08



PRIMEIRA PREGUNTIÑA


Que rei mandou construír unha ponte de naves para cruzar de Asia a Europa e atacar a Grecia a través do Helesponto.


PRIMEIRO PREGUNTÓN

  1. Un dos atributos que lle deron os Cíclopes a Zeus.
  2. Escritor grego. Atribúeselle a construcción dos últimos poliedros regulares, o octaedro e o icosaedro.
  3. Xeneral romano. Comparteu o poder con César e acabou enfrentándose e sendo derrotado por el.
  4. Illa ao sur do Peloponeso á que Venus foi parar despois de nacer da escuma do mar.
  5. Con que palabra latina está relacionada urbanidade, urbe, etc.
  6. Rei de Esparta pertencente á familia dos Axidas. Sucedeu no trono a Cleomenes.
  7. Nome da triloxía de Esquilo coa que obtivo a súa última victoria.
  8. Viviu desde o ano 480 ata o 411 a.C. Coñecido poolas súas cualidades oratorias, déuselle o sobrenome de Néstor. Foi un logógrafo moi solicitado.
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN ESCRITOR GREGO NACIDO O ANO 50 a. C. AS SÚAS OBRAS AGRÚPANSE EN DÚAS GRANDES COLECCIÓNS QUE EXERCERON UNHA INFLUENCIA IMPORTANTE NA CULTURA EUROPEA DA ÉPOCA MODERNA.

10.4.08

Dúas Probas

"A PREGUNTIÑA"

O concurso celebrarase do luns 14 de abril ao venres 21 de abril.

Consistirá nunha pregunta diaria sobre temas relacionados coa CULTURA CLÁSICA.

Por cada pregunta correctamente respostada obterás cinco puntos e se erras descontarémosche un punto.

Cada día, do luns 14 de abril ao venres 19 de abril, ás 10,10 da mañá, un membro de cada equipo recollerá na biblioteca unha copia da preguntiña e entregará a solución da anterior.

Recorda: Se acertas terás 5 puntos.

Se erras descontarémosche 1 punto.


"O PREGUNTÓN"

O xogo celebrarase do luns 14 de abril ao venres 21 de abril .

Consistirá nunha pregunta que para respondela terás que desenvolver un grande número de estratexias e consultar diversas fontes bibliográficas.

Os días 14, 16 de abril ás 10,10 a.m., un membro de cada equipo recollerá na biblioteca unha copia do preguntón. Ao recoller un novo preguntón entregarase a resposta do anterior.

Se acertas " O Preguntón " obterás dez puntos e por cada resposta acertada das pistas para chegar á solución obterás dous puntos máis. Por cada erro descontarémosche un punto.

Recorda: Se acertas "O Preguntón" terás 10 puntos.

Por cada pregunta acertada para chegar a respos ta terás 2 puntos.

Por cada erro descontarémosche 1 punto.

BASES