10.4.08

Dúas Probas

"A PREGUNTIÑA"

O concurso celebrarase do luns 14 de abril ao venres 21 de abril.

Consistirá nunha pregunta diaria sobre temas relacionados coa CULTURA CLÁSICA.

Por cada pregunta correctamente respostada obterás cinco puntos e se erras descontarémosche un punto.

Cada día, do luns 14 de abril ao venres 19 de abril, ás 10,10 da mañá, un membro de cada equipo recollerá na biblioteca unha copia da preguntiña e entregará a solución da anterior.

Recorda: Se acertas terás 5 puntos.

Se erras descontarémosche 1 punto.


"O PREGUNTÓN"

O xogo celebrarase do luns 14 de abril ao venres 21 de abril .

Consistirá nunha pregunta que para respondela terás que desenvolver un grande número de estratexias e consultar diversas fontes bibliográficas.

Os días 14, 16 de abril ás 10,10 a.m., un membro de cada equipo recollerá na biblioteca unha copia do preguntón. Ao recoller un novo preguntón entregarase a resposta do anterior.

Se acertas " O Preguntón " obterás dez puntos e por cada resposta acertada das pistas para chegar á solución obterás dous puntos máis. Por cada erro descontarémosche un punto.

Recorda: Se acertas "O Preguntón" terás 10 puntos.

Por cada pregunta acertada para chegar a respos ta terás 2 puntos.

Por cada erro descontarémosche 1 punto.

No hay comentarios: