5.6.12

DÚAS PROBAS


              “ A PREGUNTIÑA ”
  •   O concurso celebrarase do xoves 7 ao mércores 13 de xuño.
  • Consistirá en dúas preguntas diarias sobre temas relacionados coa CULTURA CLÁSICA e os XOGOS OLÍMPICOS.
  • Por cada pregunta correctamente respondida obterás cinco puntos e se erras descontarémosche un punto.
  • Cada día, do xoves 7 ao mércores 13 de xuño, ás 10.10h. da mañá, as preguntas serán publicadas nos taboeiros do centro e no blog da Biblioteca (blog do MEGACERTAME). As respostas en MAIÚSCULAS e correctamente escritas serán introducidas no caixón situado na biblioteca antes das 10.00h. do día seguinte. 
                   Recorda:  Se acertas terás 10 puntos.
               Por cada erro descontarémosche 1 punto.



“ O PREGUNTÓN ”
  •   O xogo celebrarase do xoves 7 ao mércores 13 de xuño.
  • Consistirá nunha pregunta que para respondela terás que desenvolver un grande número de estratexias e consultar diversas fontes bibliográficas.
  • O  día 8 de xuño ás 10.10 a.m., o preguntón será publicado nos taboeiros do centro e no blog da Biblioteca (blog do MEGACERTAME). As respostas en MAIÚSCULAS e correctamente escritas serán introducidas no caixón situado na biblioteca antes das 10.00h. do martes, día 12 de xuño.
  • Se acertas " O Preguntón " obterás dez puntos e por cada resposta acertada das pistas para chegar á solución obterás dous puntos máis. Por cada erro descontarémosche un punto.
  Recorda: 
Se acertas  "O Preguntón" terás 10 puntos.
Por cada pregunta acertada terás 2 puntos.
Por cada erro descontarémosche 1 punto.

No hay comentarios: