QUINTA PREGUNTIÑA
Como se chamaba nunha cidade romana o espazo entre a cidade e a muralla considerado sagrado e onde non se podía edificar.
SOLUCIÓN Á CUARTA PREGUNTIÑA
Nome de tres irmás convertidas en morcegos por Dioniso, incomodado con elas debido a que non querían celebrar unha festa a el dedicada.
AS MINÍADAS . (Alcítor ou Alcítoe, Leucipe e Arístipe ou Arsipe ou Arsínoe)
SEGUNDO PREGUNTÓN
- Un rei de Micenas, descendente de Tántalo, para poder continuar a expedición a Troia tivo que sacrificar a súa filla, pero ¿que deusa non llo permitiu? Artemisa
- En latín: lugar onde se situaba para as representacións o coro nun teatro grego. Orchestra
- Nado en Samos e estabelecido en Atenas crea unha doctrina filosófica baseada na procura da felicidade humana. Epicuro
- Unha das tres tribos nas que estivo o pobo romano dividido na súa orixe. Ramnes
- Un tipo de insignia real no s. VI a. C. en Roma. Fasces
- Metaloide sólido de composición semellante ó xofre que toma o seu nome dunha divinidade grega. Selenio
- Poeta milesio da época clásica que escandalizou ó seu auditorio coas innovacións musicais dos seus ditirambos. Timoteo
- En Latín: dereito que posuía un maxistrado romano de oporse a unha proposta de lei. Intercessio
- Lugar onde vivíu durante o Imperio Romano a matemática que creou o astrolabio e o hidroscopio. Alexandría
- Nome co que se coñece na literatura latina a un grupo de poetas, que son dunha mesma xeración e viviron entre o ano 82 a. C. e o 31 a. C.Pretendían compoñer como os gregos e concretamente como os alexandrinos. Neotéricos
- Personaxe que se repite nas obras de Plauto. Sosias
Se contestas estas preguntas e ordenas as súas iniciais, poderás dicirnos O NOME DUN DUN ESCRTOR GREGO QUE LEVOU ÁS MULLERES AO PODER NUNHA DAS SÚAS OBRAS.
A R I S T Ó F A N E S
No hay comentarios:
Publicar un comentario